Degustación de produtos certificados no CIFP Carlos Oroza

Degustación

O 17 de xaneiro, o alumnado do segundo curso de Dirección de Cociña e Servizos do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, foi o encargado de confeccionar unha oferta gastronómica consistente nunha variedade de máis de 42 elaboracións diferentes nas VIII Xornadas dedicadas aos produtos con Denominación de Orixe Protexida, Indicación Xeográfica Protexida e marcas de calidade garantida. Por suposto, os produtos pescadeRías, ¿de onde se non? estiveron presentes.

Podes ver máis información sobre o evento neste artigo de La Voz de Galicia.