Como filetear un peixe, por Begoña Vázquez

Como filetear un peixe

Begoña Vázquez, do Restaurante Regueiro da Cova de Verín, e nomeada Cociñeira Galega 2024 no Galicia Forum Gastronómico, apréndenos a filetear un pancho bicudo en catro pasos.
Paso 1: Retirar a cabeza cun corte limpo.
Paso 2: Abrir o corpo ao longo da zona dorsal, separando a carne da espiña.
Paso 3: Virar o coitelo e dar outro corte para separar o filete da cabeza.
Paso 4: Eliminar calquera espiña e resto que quede na zona ventral do filete

Un proceso simple que respecta ao máximo a frescura e calidade do peixe.

Podes ver o vídeo aquí.