Cociña + Conciencia

Cociña + Conciencia

Máis de 50 cociñeiros e cociñeiras de recoñecido prestixio reuníronse na Cidade da Cultura durante o Encontro Internacional Cociña+Conciencia, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co festival PortAmérica. Asistiron, entre outras figuras,Joan Roca, Ángel León, Oriol Castro, AndoniLuisAduríz ou Diego Guerrero.

Cociña+Conciencia foi un encontro de reflexión sobre a cociña ética, a influencia dos cociñeiros sobre o benestar social e os retos de futuro da gastronomía e a restauración. A marca pescadeRías, ¿de onde se non? estivo presente na degustación de produtos galegos con calidade diferenciada que tivo lugar no Xardín do Teatro da Cidade da Cultura, a cargo de cociñeiros locais como Pepe Solla de Casa Solla, Lucía Freitas de A Tafona, Jorge Gago de A Maceta, Kike Piñeiro e Eloy Cancela de A Horta do Obradoiro, Diego López de A Molinera, Alex Iglesias do Restaurante Cabanas ou Daniel López de O Camiño do Inglés.