Características nutricionais do camarón común

pescadeRias

O camarón (Palaemon serratus) é un marisco que destaca polas súas excelentes propiedades nutricionais, converténdose nun alimento ideal para unha dieta equilibrada e saudable. Este produto das nosas costas é unha fonte natural de nutrientes esenciais:

  1. Alto contido en proteínas: O camarón proporciona unha cantidade significativa de proteínas de alto valor biolóxico, fundamentais para o mantemento e desenvolvemento muscular.
  2. Fonte* de vitaminas e minerais esenciais:
    1. Vitamina B3 (niacina), que contribúe ao metabolismo enerxético normal.
    2. Fósforo e ferro, necesarios para a saúde ósea e a formación de hemoglobina.
  3. Alto contido** en vitaminas e minerais:
    1. Vitaminas D e B12, indispensables para a saúde ósea, o sistema inmunitario e a formación de glóbulos vermellos.
    2. Selenio e cobre, que ofrecen propiedades antioxidantes e beneficios para o sistema nervioso.
  4. Baixo contido en graxas saturadas: O camarón é un alimento lixeiro, perfecto para incluír en dietas con baixo consumo de graxas.
  5. Ácidos graxos Omega-3: Estes lípidos esenciais contribúen á saúde cardiovascular e ao mantemento da función cognitiva.

Grazas ao seu perfil nutricional completo e o seu sabor característico, o camarón é unha elección excelente tanto para receitas tradicionais como para preparacións máis innovadoras. Ademais, ao consumir camarón certificado pola marca pescadeRías de onde se non?, estás a apoiar a pesca artesanal e sustentable das nosas rías.

*Declaración “Fonte…”: os valores desta columna corresponden co 15 % do valor de referencia
do nutriente, subministrado por 100 g de produto, ou o que é o mesmo, cantidade significativa, segundo o establecido no Regulamento 1169/2011.
**Declaración “Alto contido…”: os valores desta columna corresponden co dobre da cantidade
significativa (ou o que é o mesmo, o 30 % do valor de referencia do nutriente), segundo o establecido no Regulamento 1169/2011.