Campaña da vieira na Ría de Arousa

Vieira

O luns, 18 de xaneiro, comezou a campaña de extracción da vieira na Ría de Arousa. 30 embarcacións da Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados desembarcaron na lonxa de Cambados as súas capturas autorizadas, 99 kg/embarcación. Está previsto que a campaña dure 3 semanas.

Despois dun proceso de depuración e evisceración aparecerá nos mercados eviscerada fresca, conxelada ou desconxelada, envasada e perfectamente etiquetada.

Podes coñecer algunha información sobre o seu valor nutritivo premendo aquí.