Boletín de novas de xullo
07/07/2026
A nova edición do boletín mensual de pescadeRías de onde se non? xa está dispoñible, cunha selección de contidos para coñecer mellor a actualidade da pesca artesanal galega, os produtos do mar e as iniciativas vinculadas á marca.
Neste número, a protagonista é a agulla, a especie do mes, da que se presentan as súas principais características, formas de captura e interese gastronómico.
A sección Tripulación pescadeRías incorpora este mes a Beatriz Chousa, asistencia técnica da Confraría de Pescadores de Porto do Son, que achega o seu traballo na xestión do marisqueo e no seguimento dos recursos mariños.
A publicación tamén recolle as últimas auditorías e certificacións da marca, así como información sobre as principais festas gastronómicas do verán e outras novas de interese para o sector pesqueiro e para todas as persoas que apostan polos produtos do mar de Galicia.
Podes consultar o boletín completo aquí.