Basque Culinary Club
05/06/2014
O pasado 7 de Maio, dentro do programa de Grao Universitario en Gastronomía e Artes Culinarias que se imparte no Basque Culinary Center de San Sebastián, tivo lugar a Xornada de Galicia. Os alumnos puideron asistir á conferencia de Antonio Rodríguez, Subdirector Xeral de Pesca e Mercados da Pesca, titulada: "Del mar y de la tierra: productos gallegos de calidad diferenciada", onde se deron a coñecer as distintas certificacións agroalimentarias existentes en Galicia, entre as que está pescadeRías.