Aperturas e peches

PescadeRias

O 2 de maio comezou a campaña da zamburiña na Ría de Ferrol. A explotación desta especie realízase baixo un plan de xestión conxunto presentado polas Confrarías de FerrolMugardos e Barallobre, no cal están autorizadas 13 embarcacións que extraen esta especie con rastros de vieira/volandeira. O tope de capturas por tripulante e día é de 25 quilos. Por outra banda, en abril rematou a tempada para a captura de ourizo nas nosas costas.