Aperturas e inicios de campaña

PescadeRias

O día 2 de novembro comezou a campaña da volandeira na Ría de Arousa. Esta especie non debe ser confundida coa zamburiña, tamén presente na costa galega.

Por outra banda, o día 8 deste mes inciouse a campaña do choco en Redondela. A Confraría de Pescadores San Xoán de Redondela realiza a venda deste cefalópodo baixo a marca Choco de Redondela.

En canto ás aperturas, o día 6 de Novembro rematou a veda da centola (Maja brachydactyla) desde a desembocadura do río Miño ata o paralelo que pasa polo cabo Estaca de Bares. Entre este e a desembocadura do río Eo, continúa prohibida a súa extracción ata o día 27 deste mes. A captura desta especie está regulada polo Plan de xestión da centola e do boi 2021 – 2022.