“As algas galegas en cifras”, no Faro de Vigo
04/09/2025
O xornal Faro de Vigo recolleu onte no seu espazo de Actualidade o artigo “As algas galegas en cifras. O tesouro verde das nosas rías”, publicado no boletín de agosto da marca pescadeRías de onde se non?, e dedicado ao crecemento do sector das algas en Galicia. A nova destaca como a recollida e comercialización de distintas especies mariñas se consolidan como unha fonte crecente de ingresos e de estabilidade económica para a pesca artesanal galega.
O estudo de Ángel Rodríguez e Emilio Abella, investigadores do Cima, foi desenvolvido entre 2020 e 2024 no marco do proxecto ALGAPROX da REDEMAR, e analiza datos de confrarías, lonxas, empresas transformadoras e organismos oficiais. Os resultados poñen en valor o potencial gastronómico, nutricional e económico das algas galegas.
Podes consultar a noticia do Faro de Vigo aquí.
Consulta o artigo “As algas galegas en cifras” aquí.