Actividades de difusión co Obradoiro de Hostalaría do Salnés

pescadeRias

Onte visitamos a Praza de Abastos de Portonovo xunto co alumnado do obradoiro de Hostalaría do Salnés, nunha xornada formativa centrada nos produtos da pesca artesanal galega. Esta actividade permitiu aos futuros profesionais do sector coñecer de preto a variedade e calidade dos peixes e mariscos que se comercializan neste mercado, así como afondar nos criterios de sustentabilidade e trazabilidade que rexen a súa comercialización.  

Durante a visita, o alumnado tivo a oportunidade de identificar distintas especies de interese comercial, analizar as etiquetas dos produtos do mar para comprender mellor a súa información e descubrir a oferta específica da praza de abastos de Portonovo. Ademais, participaron nunha sesión formativa sobre as tallas mínimas de peixes e mariscos e a identificación de moluscos, aspectos fundamentais para garantir a explotación e consumo responsable dos recursos mariños.  

Foi unha experiencia enriquecedora que permitiu conectar a teoría coa práctica e valorar o traballo das persoas que forman parte da cadea mar-industria. Seguimos apostando por accións formativas que fomenten o coñecemento e a posta en valor dos produtos da nosa pesca artesanal!

Podes ver un vídeo resumo da xornada aquí.