Accións persoas consumidoras en prazas de abastos

PescadeRias

Do 9 ao 16 de novembro, realizáronse cinco accións con consumidores/as en prazas de abastos. As localidades visitadas foron: Santiago de Compostela, Portonovo, Noia, Pontevedra e Ferrol.

Co obxectivo de dar a coñecer a marca e os produtos certificados por pescadeRías de onde se non? e fomentar o consumo dos produtos do mar, leváronse a cabo varias actividades en cada unhas das accións: visita a postos de peixe e marisco da praza, obradoiro de recoñecemento de especies de bivalvos e cociña en directo con degustación de produtos da pesca artesanal de tempada. Contouse coa colaboración dos profesionais do comercio minorista que amosaron o seu oficio e deron consellos de como manipular o produto de cara a súa elaboración.

Para a actividade de cociña en directo contouse con Diego Domínguez do restaurante Nómade,  Alberto Carou do restaurante Curral do Marqués de Taragoña, Rubén González do Cafetín de Pontevedra e Marisol Buceta de Albahaca by AvecPlaisir de Ferrol.