Da Lonxa ao Prato, S.L.

- Da Lonxa ao Prato, S.L.
-
Porto pesqueiro, Nova Lonxa de Ribeira, buzón 6
15960 Ribeira (A Coruña) - 981835411
- dalonxaaoprato@dalonxa.es
- https://dalonxaaoprato.com/
Da Lonxa ao Prato, S.L. é unha empresa familiar do grupo PESCADOS PACO con base en Santa Uxía de Ribeira e profundamente imbricada no sector da pesca desta localidade. Dende os comezos, alá polos anos 80 do século pasado, adícanse á venda de produtos pesqueiros frescos, a maioristas e minoristas, tanto a nivel local e autonómico, como nacional e internacional (Portugal, Italia ou Grecia, por exemplo). A calidade, frescura e confianza sempre foron as premisas do seu modelo de negocio.
Contan cunha instalación depuradora de moluscos bivalvos propia ubicada nas instalacións da Lonxa de Ribeira o que lles permite dotar as súas peixerías dos mellores mariscos vivos das nosas rías, de forma directa e sen intermediarios.