FacebookTwitter

Blue whiting(=Poutassou)

Blue whiting(=Poutassou)

É unha especie de pequeno tamaño, cun corpo longo e estreito. A queixada inferior é prominente e carece de papada. Os ollos do lirio son moi grandes e a cor pode ser azulada, cincenta ou acastañada no lombo, cos costados prateados e o ventre abrancazado. A liña lateral é practicamente recta. Reprodúcese sobre todo no inverno, finalizando aproximadamente no mes de maio.

O lirio é un peixe que vive a profundidades considerables, entre 100 e 3000 metros. Os exemplares máis novos atópanse máis próximos á costa, nas augas do noso litoral. Os exemplares grandes, capturados con palangres de fondo, teñen mellor presencia, textura y valor.

A súa carne é branda e delicada, polo que se debe coidar moito a manipulación e a frescura. Véndese en fresco, enteiro ou limpo e sen espiñas. Rebóceo en fariña e ovo e bóteo na tixola con aceite de oliva moi quente. E goce del acompañándoo da súa gornición favorita.

Details of species

  • FAO code: WHB
  • Scientific name:Micromesistius poutassou
  • Galician name: Lirio
  • Spanish name: Bacaladilla
  • Biological group: Peixes
Blue whiting(=Poutassou)
  • Minimum size: 18 cm
  • Measurement Method: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal