Tripulación pescadeRías: Fernando Simón
10/04/2026
Nesta ocasión, a Tripulación pescadeRías incorpora a Fernando Simón Vázquez, xerente de Pulponor S. Coop. Galega, que nos achega á realidade do sector da comercialización do polbo galego desde a súa experiencia profesional.
Ao longo da reportaxe, coñecemos en que lonxas se abastece a empresa e como se organiza o proceso de comercialización do produto. Ademais, afondamos na colaboración que manteñen coa Confraría de Pescadores de Lira para o procesamento do polbo por parte dun grupo de socios e socias.
compañamos ás mariscadoras e mariñeiros para observar de preto as tarefas de evisceración, limpeza e envasado, para descubrir o traballo que hai detrás dun produto de alta calidade.
Podes ver o vídeo aquí.