Seguimento ás entidades certificadas
01/08/2025
Durante o mes de xullo realizáronse auditorías de seguimento a catro axentes certificados pola marca pescadeRías de onde se non?
Auditouse a Sociedad Cooperativa Galega Ría de Arosa, con sede en Abanqueiro e certificada desde 2017 para bivalvos, crustáceos, equinodermos e gasterópodos.
Tamén se avaliou Porto-Muiños S.L., transformadora especializada en algas ecolóxicas, certificada desde 2012, e Descaexport S.L., distribuidora de polbo con sede en Burela e certificación desde 2017.
Por último, auditouse a Lonxa de Vigo, certificada desde 2009 para peixe, cefalópodos e crustáceos.