Seatraces: tras a pista do peixe
16/12/2020
Un de cada cinco peixes está mal etiquetado, así o plasma o documental do proxecto SeatracesExhibition.
SEATRACES é un proxecto de investigación liderado polo Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) e financiado por InterregEspacio Atlántico, destinado a demostrar aos diferentes axentes da cadea de valor e ás persoas consumidoras, a importancia do etiquetado e a trazabilidade como ferramentas para protexer e poñer en valor aos produtos do mar. SEATRACES desenvolverá ferramentas intelixentes e tecnoloxías innovadoras para incorporar á trazabilidade e ao etiquetado dos produtos do mar, facilitando así unha produción pesqueira sostible.
SEATRACES está composto por expertos en diferentes áreas, como as relacionadas coa sustentabilidade e conservación da pesca, a autenticación xenética de organismos mariños, estudios de consumo, certificación de trazabilidade, así como axencias gobernamentais que se ocupan da pesca e laboratorios oficiais de control de alimentos.
Neste proxecto participa como caso de estudo a marca pescadeRías, ¿de onde se non?.