Sabor a mar en Equiocio!
04/08/2025
O pasado fin de semana gozamos das catas con produtos certificados da pesca artesanal galega no espazo gastronómico de Equiocio. Zamburiñas, navallas, algas, carneiro, ameixa rubia e xurelo foron algunhas das propostas dos showcooking:
- Suculento Tesouro Atlántico, a cargo do chef Marcos Cabanas, de El Olivo Cocina & Bar (Narón).
- Mariscos de Ferrol, co talento dos chefs Diego Couto e Marcos Arufe, do Espazo Gastronómico Remollo, coa colaboración da Cofradía de pescadores de Ferrol.
- Algas, as verduras do mar, de novo con Marcos Cabana.
- Mariscos de Barallobre, en dúas sesións con Nair González, do Restaurante Muelle 43 de Mugardos e a colaboración da Confraría de pescadores de Barallobre.
Non deixes de ver aquí o vídeo con todas as elaboracións.