Premios Galicia Alimentación

PescadeRias

Na última edición dos Premios Galicia Alimentación do Clúster Alimentario de Galicia, as Navallas das Rías Galegas ao natural da empresa certificada Real Conservera Española, S.L., foron galardoadas na categoría de Produto Excelente. O xurado destacou a calidade da materia prima e a súa elaboración artesanal: Recoñécese con todo isto un produto final excelente, con historia, carisma, artesanal e natural que ten a orixe na mellor materia prima e que é un embaixador da excelencia dos produtos galegos.