PescadeRías & pescaenverde na COP25

COP25

O 3 de decembro no espazo "Ciencia e Innovación Diálogos" na Zona Verde da COP25 (Cumio de Acción Climática 2019), presentouse a ecoetiqueta "pescaenverde: Unha nova ecoetiqueta no sector pesqueiro" a cargo de Fernando Pardo, Técnico de Transferencia de Tecnoloxía da USC.

A ecoetiqueta pescaenverde valora dous indicadores que teñen impacto ambiental:

- Pegada de carbono: Toneladas equivalentes de CO2 emitidas no proceso de captura

- Taxa de retorno enerxético: Cociente entre a enerxía proporcionada polo produto ao consumidor e a enerxía empregada no proceso de captura.

O desenvolvemento desta metodoloxía de análise ven dunha traxectoria de investigación de máis de 20 anos no ámbito da Análise do Ciclo de Vida, liderada polos Catedráticos Gumersindo Feijoo e María Teresa Moreira da Universidade de Santiago de Compostela. Como exemplo de implantación da ecoetiqueta expúxose o caso de éxito da alianza pescadeRías – pescaenverde, como un referente no que se conxugaron intereses de ambas partes por promocionar e favorecer o consumo de produtos de proximidade en Galicia.

Esta colaboración encaixa dentro dos ODS: 12 (Produción e consumo responsable), 13 (Acción polo clima), 14 (Vida submarina) e 17 (Alianzas para lograr os obxectivos).