Os produtos certificados na 23º Edición de SALIMAT-ABANCA

Os produtos certificados na 23º Edición de SALIMAT-ABANCA

Entre o 6 e o 9 de xuño celebrouse en Silleda a 23ª edición doSalón da Alimentación do Atlántico SALIMAT-ABANCA.

Peixe porco, badexo, ameixas, navallas, xarda, polbo, volandeiras, linguado e algas, todos eles certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, foron presentados e degustados durante as catas que tiveron lugar no stand da Consellería do Mar, con Criselda Iglesias (Tapería Lecer), Ana Portals (Solleiros Espacio Gastronómico), José Manuel Mallón (Remollo, Espazo Gastronómico), Miguel González (Hotel Rústico San Jaime), Alejandro Iglesias (Restaurante Cabanas) y Gerson Iglesias (Adega das Calfas) aos fogóns.

Por outra banda, no marco da feira, acompañamos a máis de 20 distribuidores internacionais, participantes da mesma, a coñecer o marisqueo en Cambados da man das mariscadoras de Guimatur.

Volo contamos todo neste vídeo resumo coas mellores imaxes.