Os produtos certificados en XANTAR 2020

XANTAR 2020

Do 5 ao 9 de febreiro, estivemos en Ourense, no Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR 2020. No Taller gastronómico degustación dos produtos do mar de Galicia “Aula Mar”, realizáronse mostras de cociña en directo con produtos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, capitaneadas por Alejandro Iglesias (Restaurante Cabanas, Lalín), Emma Pinal (Gastrobar O Birrán, Ribadavia), Anxo Trives (Restaurante La Viuda, Pobra de Trives) e Flavio Morganti (Restaurante Galileo, Ourense).

Tiveron presenza na feira, a Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia e as empresas Joy Embassy e Frigoríficos Rosa de los Vientos, certificadas pola marca, e Conservas Sotavento.

Premendo aquí podes ver un vídeo resumo.