O mar en tapas

pescadeRias

A Confraría de Pescadores da Illa de Arousa-OPP20 organizou os días 13 e 14 de setembro a terceira edición de O Mar en Tapas, unha ruta gastronómica por 11 establecementos hostaleiros da Illa.

O produto estrela foi a ameixa rubia, un bivalvo emblemático das rías galegas e distintivo desta confraría, que o pasado ano liderou a súa comercialización tanto en volume como en cotización. Ao longo da fin de semana, as persoas participantes degustaron diferentes propostas culinarias elaboradas con este marisco, elixiron as súas favoritas e participaron no sorteo de dous lotes de marisco da Illa.

Amplía a información aquí.