Mercado do Mar 2022
20/09/2022
Esta fin de semana celebrouse unha nova edición do Mercado do Mar no Parrote en A Coruña, no marco do Festival Mar de Mares. O domingo, ás 12 horas, tivo lugar o showcooking Tesouros das nosas Rías con zamburiña e polbo certificados pescadeRías, ¿de onde se non?, a cargo de Lolo Mosteiro e Paula Martínez de A Artesa da Moza Crecha de Betanzos.