Lisbon Food Affair 2025
13/02/2025
Esta semana estivemos en Lisbon Food Affair 2025, unha das feiras máis relevantes do sector agroalimentario en Portugal. Este evento consolidouse como un espazo clave para debater sobre as tendencias do mercado, o consumo, as novas oportunidades de negocio e o futuro da alimentación a nivel internacional.
Na feira participaron oito empresas coexpositoras, destacando a presenza de Conservas La Brújula S.L. e Costas y Miñán S.L., ambas certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?. Estas empresas puxeron en valor a excelencia e sustentabilidade dos produtos da pesca artesanal galega, achegándoos a distribuidores, restauradores e profesionais do sector.
Lisbon Food Affair 2025 foi unha gran oportunidade para fortalecer a presenza dos produtos do mar galego no mercado portugués e ampliar horizontes no ámbito internacional. Seguimos apostando pola calidade e a trazabilidade como sinais de identidade.