Inicio da campaña da ostra na Ría de Noia

Inicio da campaña da ostra na Ría de Noia

Esta semana comezou a extracción de ostra (ostrea edulis) desde embarcación na Ría de Noia. Tamén podemos atopar este apreciado manxar nas lonxas de Barallobre e Mugardos, que concentran a meirande parte das capturas, e nas de Bueu, Rianxo, Pontedeume e Cambados.

Aquí podes ver un vídeo co proceso desde a captura ata a chegada á Lonxa de Testal (Noia).