Imos ao Fórum Gastronómico de A Coruña

Fórum Gastronómico

O Fórum Gastronómico está ás portas: celebrarase do 12 ao 14 de marzo en A Coruña. Poderedes visitar os stands de empresas certificadas por pescadeRías como PortomuiñosMariscos del Ortegal, S.L.Currimar Conservas TradicionalesPulponor S. Coop. GalegaMariscos O GroveO-pulpeiro-Frigoríficos Rosa de los VientosCofradia de Barallobre. No marco do Fórum celebrarase unha misión comercial inversa na que importadores de México, Bélxica, Reino Unido, Holanda, Polonia e Portugal coñecerán de primeira man os produtos da pesca artesanal galega.

A Consellería do Mar organizou para estes días un completo programa de catas e degustacións a base de de produtos do mar, elaborados pola vangarda da nosa cociña: Flavio Morganti, Lucía Freitas, Inés Abril, José Manuel Mallón e Miguel Mosteiro demostrarannos como sacar o mellor partido aos manxares do mar.

Consulta aquí o programa completo de catas e inscríbete. ¡Esperámosvos!