III Xornadas de exaltación do Berberecho de Noia

III Xornadas de exaltación do Berberecho de Noia

Onte comezaron as III Xornadas de exaltación do Berberecho de Noia que durarán ata o vindeiro 21 de outubro. Podes consultar o programa premendo aquí.

Neste primeiro día, o prestixioso chef Paco Roncero, coñeceu de primeira man todo o proceso acompañando a mariscadoras e mariscadores durante a extracción dos bivalvos e nunha visita á lonxa e á depuradora. Pola tarde realizou unha master class onde amosou diferentes preparacións co berberecho como protagonista.