Formación en Mariscos Comesaña S.L.

pescadeRias

Onte visitamos as instalacións de Mariscos Comesaña S.L., distribuidor certificado por pescadeRías de onde se non?, para impartir unha sesión formativa en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos. Esta formación, dirixida ao persoal da empresa, tivo como obxectivo reforzar os coñecementos e as boas prácticas esenciais para garantir a seguridade, trazabilidade e a calidade dos produtos do mar.

Durante a xornada, abordamos aspectos clave como o control da contaminación cruzada, a correcta conservación dos peixes e mariscos e a importancia dunha adecuada limpeza e desinfección nas distintas fases do proceso. A participación activa do equipo de Mariscos Comesaña demostrou o seu compromiso coa mellora continua e coa excelencia no manexo dos produtos que chegan ao consumidor final.

A formación continua é fundamental nun sector tan esixente como o alimentario, no que a seguridade e a confianza do consumidor dependen en boa medida do rigor e da profesionalidade en cada etapa da cadea. Desde pescadeRías de onde se non? seguimos traballando da man das empresas para promover as mellores prácticas e garantir un futuro sostible e de calidade para os produtos do mar.