Formación en Mariscos Calimar S.L.

pescadeRias

A formación en trazabilidade e seguridade alimentaria do persoal das entidades usuarias da marca é imprescindible para levar a cabo unha correcta xestión dos produtos certificados no día a día. O equipo técnico da marca encárgase de asesorar e impartir formación ás persoas implicadas no proceso de comercialización das entidades certificadas.

Onte impartimos unha sesión formativa sobre hixiene e manipulación de alimentos ao equipo de Mariscos Calimar, depuradora certificada por pescadeRías de onde se non? para a comercialización de bivalvos, equinodermos e crustáceos. 

Traballamos para garantir a seguridade, calidade e trazabilidade dos produtos da pesca artesanal galega.