Feiras internacionais

pescadeRias

Ademais de acudir a Conxemar, a Consellería do Mar participa este mes en dúas das feiras internacionais máis relevantes do sector alimentario: ANUGA 2025, que se celebra en Colonia do 4 ao 8 de outubro, e a China Fisheries & Seafood Expo 2025, en Qingdao, do 29 ao 31 de outubro. No stand institucional da Consellería en ANUGA participan 17 empresas e entidades da industria de produtos do mar, entre elas tres certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?: Conservas La Brújula S.L., Conservas Portomar S.L.U. e Costas y Miñán S.L. En China, o stand institucional acollerá cinco entidades vinculadas á comercialización de produtos do mar, incluídas Conxemar e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.