Especie de tempada: o ourizo

Ourizo

O ourizo é un equinodermo que vive en fondos rochosos cubertos de algas, aínda que tamén en fondos areosos con algas coralinas.

Atópase desde augas superficiais ata 80 m de profundidade, sendo máis abundante por riba dos 20 m, sobre todo en zonas de rompente. Extráese a pé e a mergullo en apnea ou con subministro desde superficie. De plena tempada, do ourizo só se consume a gónada.

Preme na ficha para coñecer máis información de interese deste equinodermo.