Empresa do mes: Descaexport, S.L.

PescadeRias

Descaexport, S.L. é un grupo empresarial, con sede no edificio da Lonxa de Burela, especializado na distribución de produtos do mar en mercados centrais e grandes plataformas de distribución, cadeas de peixerías e provedores do canal HORECA, tanto a nivel nacional como internacional.

Comercializa o polbo certificado polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? como garantía da súa calidade e orixe.