A empresa do mes

pescadeRias

A empresa destacada do mes é Real Conservera Española, certificada pola marca pescadeRías de onde se non? desde 2019 para a transformación de bivalvos, peixe e equinodermos.

Con máis dun século de tradición familiar, a conserveira mantén un proceso de elaboración artesanal no que o seu equipo de traballadoras conserva o saber facer da tradición galega. Esta filosofía levounos ao cumio do ranking World’s 101 Best Canned Products from the Sea, sendo o produtor máis galardoado do mundo.

A empresa ofrece visitas guiadas con cata e dispón dunha tenda en liña onde adquirir as súas conservas.