Certificacións

pescadeRias

En outubro realizáronse diversas auditorías no marco da marca pescadeRías de onde se non?. 

Renovaron a súa certificación a OPP20, como lonxa, con alcance para bivalvos, crustáceos, algas e antozoos; Mariscos Daporta S.L., como depuradora e centro de expedición, con alcance para bivalvos e equinodermos; Confraría de Pescadores de Lira, como lonxa e entidade de transformación, con alcance para cefalópodos, gasterópodos, equinodermos, bivalvos, crustáceos e peixe; Confraría de Pescadores de Redondela, como lonxa e distribuidor, con alcance para bivalvos, cefalópodos, crustáceos e peixe. 

A Confraría de Pescadores de Fisterra realizou a auditoría de seguimento para a súa lonxa, con alcance para bivalvos, cefalópodos, equinodermos, crustáceos, peixe e gasterópodos.