Campaña da vieira na Ría de Ferrol

Vieira

O luns, 23 de marzo, comezou a campaña de extracción da vieira na Ría de Ferrol. 12 embarcacións procedentes das Confrarías de Pescadores de Ferrol, Barallobre e Mugardos descargaron as súas capturas na Lonxa de Ferrol.

A campaña prolongarase ata mediados de abril cun tope diario de 3.000 kg, entre todos os barcos. Tras pasar por un proceso de depuración, eviscerarase nas empresas Vieiras de Ferrol S.L. e Porto de Cambados S.L., ambas entidades certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Nos mercados, atoparemos a vieira eviscerada, fresca, conxelada ou desconxelada.