Boletín de novas de outubro
05/10/2026
Feiras profesionais, investigación, gastronomía e novas campañas extractivas protagonizan a edición de outubro.
O boletín de outubro de pescadeRías de onde se non? repasa a presenza da pesca artesanal galega en feiras como Conxemar, San Sebastián Gastronomika, SIAL París e Gastrónoma Valencia.
En Tripulación pescadeRías, conversamos con Gumersindo Feijóo, director do CRETUS, sobre sustentabilidade pesqueira, pegada de carbono e ecoetiquetado.
O ourizo de mar é a especie do mes, mentres que Criselda Iglesias, de Espazo Gastronómico Remollo, nos propón unha sopa de pataca con polbo e terra de tomate.
Tamén descubrimos como o IEO-CSIC emprega imaxes de satélite para cartografar as zonas intermareais, coñecemos a Mariscos Malliño S.L. e damos a benvida aos restaurantes BaceLo e Ronsel.
Completan a edición as novidades das campañas extractivas, as auditorías de certificación e as actividades formativas.
Consulta o boletín completo aquí.