Gastroteca Salvaxe

- Gastroteca Salvaxe
- Mercado de Abastos de Santiago, rúa das Ameas 10, Nave 5 15704 Santiago de Compostela A Coruña
- 881940964
- entrevinosyfogones@gmail.com
- https://gastrotecasalvaxe.es/
A finais de 2020 e tras anos de experiencia no estranxeiro, nace Salvaxe, un proxecto co que Brais Bascoy e Jose M. Martínez deixan atrás restaurantes de Estrela Michelin para trasladar todo o seu esforzo, coñecemento e ilusión ao posto número 5 da Praza de Abastos de Santiago de Compostela.
Un lugar onde a comida e o viño maridan para converterse no epicentro dunha gastronomía baseada en produtos de proximidade, na que se controla e respecta todos e cada un dos procesos polos que pasa a súa materia prima creando así experiencias sensoriais únicas.