FacebookTwitter

Birollo

Birollo Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Cuncha sólida, globosa, de contorno alongado, asimétrico, con costelas radiais e estrías de crecemento máis marcadas que en Cerastoderma edule. Superficie grosa, de tacto algo áspero. Borde interior das valvas dentado. Cor parda, máis escura. Ata 3,5 centímetros de lonxitude. Vive na area ou area lamacenta no intermareal. Atópase no Atlántico dende no norte de Europa ata Mauritania e no Mediterráneo.

Datos da especie

  • Código FAO: KTG
  • Nome científico:Cerastorderma glaucum
  • Nome galego: Birollo
  • Nome castelán: Berberecho verde
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Birollo
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior