Detalle producto

FacebookTwitter

Rapantes

Rapantes
Ilustadora: Elisabet García Aires
<p>Peixe plano. Corpo alongado. Ollos no lado esquerdo do corpo. Ollo superior lixeiramente máis atrás que o inferior. Boca grande, moi oblicua e cun queixo moi prominente. Cor rosada ou de cor "carne"; aletas dorsais e anais con dúas manchas escuras na parte traseira. Ata 40 cm de lonxitude.</p><p>Vive sobre fondos areosos desde uns metros ata 600-1000 m de profundidade. Aliméntase de peixes e crustáceos. O período reprodutivo pode estenderse de inverno a xuño. A migración dos ollos comeza aos 10 mm. Arredor dos 2 cm de lonxitude comezan a vida bentónica. Atópase no Atlántico oriental, desde Islandia ata Marrocos e no Mediterráneo.</p>

Datos da especie

  • LEZ
  • Nome científico: Lepidorhombus spp
  • Nome galego: Rapantes
  • Nome castelán: Gallo
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Rapantes
20 cm

Tamaño mínimo: 20 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados