Detalle producto
Corvina real
Ilustadora: Elisabet García Aires
<p>De corpo alongado e esvelto, case fusiforme. O pedúnculo caudal é ancho e potente. Posúe otolitos moi desenvolvidos así como a vexiga natatoria que ocupa gran parte do abdome e coa que os machos poden emitir uns gruñidos característicos. A cor é prateada con reflexos de cor bronce e aletas pardo vermellas. Pode chegar a medir máis de 1,5 m aínda que o normal é arredor dos 50 centímetros. Propia de fondos areosos, polos que se despraza formando pequenos bancos. Típica de fondos de pouca profundidade aínda que pode chegar aos 200m de profundidade. Resiste os cambios de salinidade polo que pode penetrar nas desembocaduras de ríos e esteiros. Aliméntase de outros peixes e crustáceos. Distribúese polo Atlántico e no Mediterráneo.</p>
Datos da especie
- MGR
- Nome científico: Argyrosomus regius
- Nome galego: Corvina real
- Nome castelán: Corvina
- Grupo biolóxico: Peixes
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Baiona
- Lonxa de Fisterra
- Lonxa de Cambados
- Lonxa de Cangas
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Rianxo
- Lonxa de Portonovo
- Lonxa de Ferrol
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira