Detalle producto
Chaparella
<p>Especie de caracteres semellantes ao sargo, do que se diferencia por levar dúas pintas negras: unha sobre o pedúnculo caudal e a outra, de forma triangular, sobre a cabeza. A chaparella é de cor olivácea - dourada, con varias bandas lonxitudinais desa última coloración. As aletas son máis ou menos negras. Pode acadar os 45 centímetros de lonxitude total, aínda que o normal é que mida entre 20 e 25 centímetros. Desova no mes de outubro e as crías abundan na zona de marea, onde forman pequenos bandos mesturándose co sargo. Acada a madurez sexual aos dous anos (17 centímetros).</p>
<p>Vive en fondos penedosos e de area, desde a beiramar ata 50 metros de profundidade. Captúrase sobre todo con trasmallo, palangre, miños, liña etc. </p>
<p>As formas de preparala son similares ao sargo. Tanto ao forno coma ás brasas fan un prato moi apetitoso que encandea tanto aos amantes do peixe coma a aqueles que non o son.</p>
Datos da especie
- CTB
- Nome científico: Diplodus vulgaris
- Nome galego: Chaparella
- Nome castelán: Mojarra
- Grupo biolóxico: Peixes
Tamaño mínimo: 22 cm
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudalOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados