Detalle producto

FacebookTwitter

Cornicha

Cornicha
<p>Ten unha cuncha de forma oval-triangular; é de cor branca e textura moi suave.</p> <p>As estrías que presenta a cornicha cambian de ton escuro a claro conforme van do exterior ao interior da cuncha.</p> <p>Captúrase principalmente mediante marisqueo a flote con rastros en cantidades pequenas, asociada á ameixa babosa e á rubia. Tamén pódense facer extraccións a pé con ganchas. </p> <p>En fresco, pódelle aplicar a típica salsa mariñeira ou probar cunha empanada. Outra forma de preparala é guisada con patacas e tamén, ao igual ca as outras ameixas, con espaguete ou fideo groso, ou con fabas. É máis ben dura, polo que non lle vén mal unha conxelación previa.</p>

Datos da especie

  • ULO
  • Nome científico: Spisula solida
  • Nome galego: Cornicha
  • Nome castelán: Almeja blanca o cuca
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Cornicha
25 mm

Tamaño mínimo: 25 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas