Detalle producto
Salmonete de rocha
<p>Dous aspectos característicos definen esta especie: as cores vermellas do seu corpo, que varían segundo a época do ano, e a súa barbicha, que usa para detectar e desenterrar os moluscos e crustáceos que lle serven de alimento. As diferenzas máis visibles entre este e o salmonete de lama son que o da pedra ten un rostro máis oblicuo e presenta tres ou catro bandas amarelas ao longo do corpo e a cor é xeralmente máis escura. Reprodúcese entre os meses de maio e xullo e pode chegar a medir ata 40 centímetros, aínda que o normal é que midan entre os 18 e os 25 centímetros.</p>
<p>Habita fondos de pedra e area ata os 25 metros de profundidade. As capturas non son abundantes, empregándose a arte do trasmallo e as betas. Tamén é un peixe "de cordel": úsase a liña.</p>
<p>Este peixe pode prepararse sen limpalo previamente, xa que non posúe bile e, polo tanto, todo el ten un delicado sabor. Fritido ou ao forno, con algunha especie do seu gusto, ofreceralle moito máis do que o seu pequeno tamaño promete.</p>
Datos da especie
- MUR
- Nome científico: Mullus surmuletus
- Nome galego: Salmonete de rocha
- Nome castelán: Salmonete de roca
- Grupo biolóxico: Peixes
Tamaño mínimo: 15 cm
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudalOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Baiona
- Lonxa de Fisterra
- Lonxa de Cambados
- Lonxa de Cangas
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Porto do Son
- Lonxa de Arcade
- Lonxa de Corcubión
- Lonxa de Cedeira
- Lonxa de Muros
- Lonxa de Portonovo
- Lonxa de Portosín
- Lonxa de Ferrol
- Lonxa de Aldán - Hío
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira
- Mar do Morrazo, S.C.G.