XV Xornadas de Exaltación da vieira

Vieira

Do 15 ao 17 de xullo o concello de Cambados organiza as XV Xornadas de
Exaltación da vieira, festa declarada de interese turístico galego, con
produto de Porto de Cambado S.L.

Poderase degustar nos restaurantes da zona e na carpa instalada no Paseo da
Calzada onde se levarán a cabo elaboracións da man do chef Diego López, do
restaurante La Molinera de Lalín, e se realizarán dous showcookings a cargo
de Kike Piñeiro do restaurante A Horta do Obradoiro e de Pepe Solla do
restaurante Casa Solla.

Unha boa ocasión para catar de novo este exquisito produto, coa garantía do
selo PescadeRías, de onde se non?.