Xornadas de degustación de produtos da reserva mariña de Lira

pescadeRias

O porto de Portocubelo, en Lira (Carnota), acollerá dúas xornadas de degustación dos produtos da reserva mariña de Lira, todos eles certificados pola marca pescadeRías de onde se non?. O sábado 19 de xullo ofreceranse racións de polbo, navallas e percebes, cunha actuación da Agrupación Folclórica Ximiela.

O sábado 2 de agosto será a quenda das nécoras, mexillóns e berberechos, acompañados polos Cantos de Taberna Doladosol. Ademais das racións individuais, tamén se poderá desfrutar dun combinado de produtos.

Os horarios de  degustación serán de 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 23:30 horas. Unha oportunidade para saborear marisco local con garantía de orixe e sustentabilidade.