Xornada de portas abertas en Artesa Rías Baixas S.L.

pescadeRias

Onte celebrouse unha Xornada de Portas Abertas en Artesa Rías Baixas S.L. distribuidor certificado pola marca pescadeRías de onde se non? para bivalvos, cefalópodos, peixes, crustáceos e equinodermos.

Mar Ambroa e Ángel González abriron as portas das súas instalacións para amosar de primeira man o coidado e profesionalidade que hai detrás da súa actividade. Durante a visita, clientes e amizades tiveron a oportunidade de descubrir a excelencia dos produtos do mar galego que comercializan, como o polbo e as volandeiras.

Durante a xornada degustouse una selección de produtos con toda a calidade e o sabor inconfundible da pesca artesanal galega.

Podes ver un vídeo resume da xornada aquí.