Vivir o mar: A xarda

PescadeRias

xarda, un peixe azul procedente da nosa pesca artesanal, económico e con importantes valores nutricionais, foi protagonista no programa Vivir o Mar o pasado 12 de xuño. Dende Mariscos Carlos, peixería adherida ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, falaron de como limpalo, prepalalo e diferencialo do cabalón e Jorge Gago do Restaurante A Maceta, tamén en Santiago e adherido ao selo, ofreceu unha suxestión de preparación. Premendo aquí podes ver o espazo adicado a esta especie no programa a partir do minuto 18:43.