VIVE A LONXA
05/05/2015
Durante os días 2, 3 e 4 de abril celebráronse as xornadas divulgativas e gastronómicas organizadas pola Confraría de Baiona e Mar de Silleiro. Nesta segunda edición da mostra, o público tivo a oportunidade de coñecer de cerca as actividades e o quefacer diario de mariñeiros, percebeiros e ouriceiros a través de talleres e exhibicións. Os asistentes puideron degustar produtos da zona como percebes, ourizos, navallas e polbo, cociñados polos propios mariñeiros.