Visitamos o Obradoiro de Emprego Vigo Capacita IX

pescaDerias

O alumnado de servizos de restaurante do Obradoiro de Emprego Vigo Capacita IX recibiu unha charla sobre a marca pescadeRías de onde se non? e participou nunha actividade práctica de diferenciación de moluscos bivalvos.

Futuros profesionais de restauración coñecendo a nosa pesca artesanal e a variedade de especies que ofrece para poder realizar o seu traballo con coñecemento e responsabilidade.